Protoncoxene MYC
| |
Identificadores | |
Símbolo | MYC |
Símbolos alt. | c-Myc, v-myc |
Entrez | 4609 |
HUGO | 7553 |
OMIM | |
RefSeq | NM_001354870.1 |
UniProt | P01106 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 8 q24.21 |
Protooncoxene MYCL
| |
Identificadores | |
Símbolo | MYCL |
Símbolos alt. | LMYC, MYCL1, bHLHe38, L-Myc, v-myc |
Entrez | 4610 |
HUGO | 7555 |
OMIM | |
RefSeq | NM_005376 |
UniProt | P12524 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 1 p34.2 |
Protooncoxene MYCN
| |
Identificadores | |
Símbolo | MYCN |
Entrez | 4613 |
HUGO | 7559 |
OMIM | |
RefSeq | NM_005378 |
UniProt | V |
Outros datos | |
Locus | Cr. 2 p24.3 |
Myc é unha familia de xenes reguladores e protooncoxenes que codifican factores de transcrición. A familia Myc consta de tres xenes humanos relacionados: c-myc (MYC), l-myc (MYCL) e n-myc (MYCN). c-myc foi o primeiro xene que se descubriu nesta familia, debido á súa homoloxía co xene viral v-myc.
No cancro, c-myc a miúdo exprésase constitutivamente (persistentemente). Isto causa o incremento da expresión de moitos xenes, algúns dos cales están implicados na proliferación celular, contribuíndo á formación do cancro.[1] Unha translocación común en humanos que afecta a c-myc é fundamental para o desenvolveento de moitos casos de linfoma de Burkitt.[2] A regulación á alza constitutiva dos xenes Myc tamén se observou nos carcinomas de cérvix uterino, colon, mama, pulmóns e estómago.[1]
Myc considérase unha prometedora diana para fármacos anticancro.[3] Desafortunadamente, Myc posúe varias características que fixeron difícil aplicarlle fármacos, como que calquera fármaco anticancro dirixido a inhibir Myc normalmente necesitará perturbar a proteína indirectamente, como pode ser afectando ao ARNm da proteína en vez de afectar directamente á propia proteína por medio dunha pequena molécula.[4][5]
Ademais, c-myc tamén ten un importante papel na bioloxía das células nais e foi un dos factores Yamanaka oixinais usados para reprogramar células somáticas en células nais pluripotentes inducidas.[6]
No xenoma humano c-myc está localizado no cromosoma 8 e crese que regula a expresión do 15% de todos os xenes[7] por medio da unión a secuencias de caixa de amplificador (E-box).
Ademais do seu papel como factor de transcrición clásico, N-myc pode recrutar histona acetiltransferases (HATs). Isto permítelle regular a estrutura global da cromatina por acetilación de histonas.[8]